Escola dos Nomes

A Escola dos Nomes (chinés simplificado e tradicional: 名家; pinyin: Míngjiā; Wade-Giles: Ming2-chia1), tamén chamada Escola das Formas e dos Nomes (chinés simplificado e tradicional: 刑名家; pinyin: Xíngmíngjiā; Wade-Giles: Hsing2-ming2-chia1), foi unha corrente filosófica chinesa derivada do moísmo. Xurdiu durante o período dos Reinos Combatentes (479–221 a.C.).[1] Os seguidores desta escola foron tamén coñecidos como lóxicos ou polemistas (辩者, biànzhě), debido á súa interese pola linguaxe, os paradoxos e o debate.[2] Entre os seus membros máis prominentes destacan Hui Shi (c. 380-c. 305 a.C.) e Gongsun Long (c. 320-250 a.C.).[3]

  1. Needham, Joseph (1956). Science and Civilisation in China (en inglés). Cambridge University Press. 
  2. Fraser, Chris (2020). Zalta, Edward N., ed. School of Names (Winter 2020 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University. 
  3. "Logician | Chinese Logic, Confucianism & Daoism | Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2023-11-29. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search